lunes, 7 de julio de 2025

 Día 1 de Campamento....

Xa están todos aquí!!!




Despois de xantar foron a piscina.






Logo da merenda, participaron no Gran Xogo de Educación Ambiental.





Antes da cea tivemos o simulacro de evacuación e á noitiña a velada do Camiño de Santiago.

Día 2 de Campamento...

Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi os animais de granxa, onde puideron estar en contacto directo cos nosos animais, darlle o biberón á becerra, darlle de comer ás cabritas e ás ovellas, cepillar á burra Macarena e a poni Indy, e coñecer ó resto: os coellos, a porca, os parrulos, pavos reais e galiñas.

 







































A seguinte actividade foi a escalada e a tirolina, adrenalina a tope!











Máis tarde realizaron a actividade de tiro con arco.





Despois de comer estiveron investigando sobre os segredos do bosque.







A continuación gozaron refrescándose na piscina.



Día 3 de Campamento...

Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi a de supervivencia, nesta actividade aprenderon como poderían sobrevivir na natureza ademais de como construír un vivac.









Despois fixeron a actividade de GPS, onde aprenderon sobre o bosque e como orientarse nel ao tempo que resolvían divertidas probas en equipo.








Despois de comer estiveron facendo coiro.






Máis tarde foron ao aula de natureza para aprender sobre os animais do bosque.









Despois foron a actividade de animais e encargáronse de traer dos prados ás cabras, ás ovellas, á burra e a os cabalos. Ademais saudaron a porca e déronlle de cear as becerras.

























Por último pasárono xenial na piscina



Día 4 de Campamento...

Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi hípica, onde puideron montar as nosas eguas: Linda e Deza e o poni Indy.













Máis tarde foron a horta, recolleron produtos de tempada, ademais plantaron leitugas e verduras ao tempo que aprenderon os segredos da horta ecolóxica.





Despois fixeron unha ruta ambiental na que aprenderon sobre diferentes especies de árbores e animais do bosque.






Para rematar a mañá estivieron ensinándolles aos seus compañeiros as súas mascotas e cancións creadas na actividade de orientación de onte.







Despois de comer estiveron facendo coiro.





Logo participaron na xincana acuática, fixeron xogos con auga, tiráronse por un deslizado e por último foron a piscina.






















 


 

 








  Día 1 de Campamento.... Xa están todos aquí!!! Despois de xantar foron a piscina. Logo da merenda, participaron no Gran Xogo de Educación...