Día 1 de Campamento....
Xa están todos aquí!!!
Logo da merenda, participaron no Gran Xogo de Educación Ambiental.
Antes da cea tivemos o simulacro de evacuación e á noitiña a velada do Camiño de Santiago.
Día 2 de Campamento...
Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi os animais de granxa, onde puideron estar en contacto directo cos nosos animais, darlle o biberón á becerra, darlle de comer ás cabritas e ás ovellas, cepillar á burra Macarena e a poni Indy, e coñecer ó resto: os coellos, a porca, os parrulos, pavos reais e galiñas.
A seguinte actividade foi a escalada e a tirolina, adrenalina a tope!
Despois de comer estiveron investigando sobre os segredos do bosque.
A continuación gozaron refrescándose na piscina.
Día 3 de Campamento...
Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi a de supervivencia, nesta actividade aprenderon como poderían sobrevivir na natureza ademais de como construír un vivac.
Despois fixeron a actividade de GPS, onde aprenderon sobre o bosque e como orientarse nel ao tempo que resolvían divertidas probas en equipo.
Máis tarde foron ao aula de natureza para aprender sobre os animais do bosque.
Día 4 de Campamento...Pola mañá, a primeira actividade tras o almorzo foi hípica, onde puideron montar as nosas eguas: Linda e Deza e o poni Indy.
Máis tarde foron a horta, recolleron produtos de tempada, ademais plantaron leitugas e verduras ao tempo que aprenderon os segredos da horta ecolóxica.
Despois fixeron unha ruta ambiental na que aprenderon sobre diferentes especies de árbores e animais do bosque.
Para rematar a mañá estivieron ensinándolles aos seus compañeiros as súas mascotas e cancións creadas na actividade de orientación de onte.
Despois de comer estiveron facendo coiro.
Logo participaron na xincana acuática, fixeron xogos con auga, tiráronse por un deslizado e por último foron a piscina.